Co ánimo de seguir traballando en espertar interese na importancia da concienciación sobre a doazón de medula ósea  entre o alumnado universitario, solicitamos a difusión do concurso convocado pola Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. 

OBXECTO:

A doazón de medula ósea é das poucas que poden realizarse en vida e permite salvar cada ano a vida de miles de persoas anónimas no mundo. Un dos obxectivos primordiais na concienciación deste tipo de doazón é o deseño de intervencións informativas dirixidas á mocidade, co obxecto de mellorar a opinión sobre a doazón e os transplantes de medula ósea, o que lles permitirá tomar unha decisión propia ao respecto e ser transmisores informados dos coñecementos adquiridos sobre a doazón no seu ámbito de influencia familiar, social, académico e laboral.

FINALIDADE:

A Consellería de Sanidade e ADOS, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convocan un concurso de curtametraxes dirixido aos estudantes universitarios para o curso escolar 2022/23 que teña como tema a doazón e os beneficios do transplante de medula ósea, co fin de promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como un acto voluntario e altruísta. Oprazo de presentación rematará o 16 de Xuño de 2023.

DESTINATARIOS:

Poderá participar no concurso de curtametraxes o alumnado matriculado durante o curso 2022/23 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia e nos centros asociados da UNED en Galicia.

 

Nos seguintes enlaces da nosa páxina web, pódese atopar información útil sobre a actividade:

https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes

https://ados.sergas.gal/

https://galicia.medulaosea.org/

Agradecendo a colaboración para conseguir a máxima difusión, reciban un cordial saúdo.

 

Mª Luisa Blanco Anta

SECRETARÍA DE DIRECCIÓN
 
Axencia de doazón de órganos e sangue 
Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6 
15705 Santiago de Compostela 
T. +34 881 546 902
maria.luisa.blanco.anta@sergas.gal · ados.sergas.gal