Detalle do Grao
Descrición do título
Denominación: Grao en Enfermaría pola Universidade de Vigo (UVigo)
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Habilita para profesión regulada:
- Si, profesión de enfermería
- Resolución: 14 de febreiro de 2008, BOE do 27 de febreiro de 2008
- Norma: orde CIN/2134/2008, do 3 de xullo, BOE do 19 de xullo de 2008
Universidade solicitante: Universidade de Vigo (pública)
Número de créditos ECTS. Distribución de créditos no título:
- Total créditos: 240 ECTS
- Créditos de formación básica: 60
- Créditos obrigatorios: 78
- Créditos optativos: 12
- Créditos en prácticas externas: 78
- Créditos do traballo fin de grao: 12
Centros onde se imparte:
- Código 36013813, Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro. Centro adscrito. Campus de Vigo
- Código 32016492, Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense. Centro adscrito. Campus de Ourense
- Código 36013874, Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra. Centro adscrito. Campus de Pontevedra
- Código 36019591, Escola Universitaria de Enfermaría POVISA. Centro adscrito. Campus de Vigo
Tipo de docencia: presencial
Nº de prazas de novo ingreso ofertadas: 50
Réxime de estudo:
- Tempo completo:
- Matrícula mínima ECTS: 48
- Matrícula máxima ECTS: 60
- Medio tempo:
- Matrícula mínima ECTS: 18
- Matrícula máxima ECTS: 47
Idiomas empregados ao longo do proceso formativo: galego, castelán e inglés
Periodicidade da oferta: anual
Curso de implementación:
- Curso 2009-2010: centros adscritos á Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro e POVISA
- Curso 2010-2011: centros adscritos á Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense e Pontevedra
Memoria modificada: curso 2014-2015 (implementación parcial do curso de adaptación)
Data de verificación
- Verificación: 25/6/2009
- Modificación: 29/7/2014
Plan do estudos
Estudia cunha metodoloxía moderna, práctica e avalada polas universidades e escolas punteiras do sector. Recibirá unha formación e seguimento en contidos actualizados e adecuados ás expectativas do mundo laboral. O enfoque renovado da proposta de estudos da Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro, permite a cada alumna e cada alumno explorar as súas capacidades para lograr desenvolver o máximo do seu potencial.
acceso e admisión
VÍAS DE ACCESO AO TÍTULO:
Podes acceder á Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro se cumpre algún destes requisitos
PERFIL DE ADMISIÓN
Para un futuro estudante do Grao en Enfermaría é recomendable ter unha actitude de axuda ás persoas. Unha visión integral capaz de relacionar e relacionarse con todas as dimensións do ser humano. Ter unha disposición adecuada para o traballo en equipo, estudo continuo, reflexivo e crítico, adaptación continua ao cambio e xestión de situacións con gran carga física e emocional. Ademais, requírese responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e boa saúde.
O estudante que desexe cursar un Grao de Enfermaría deberá posuír competencias que lle permitan integrar e xestionar con habilidade os coñecementos adquiridos durante o período formativo.
Sistemas de información accesibles previos á matrícula e trámites de recepción e orientación dos novos estudantes para facilitar a súa incorporación á Universidade e á titulación: (www.uvigo.es).
Sistemas de información accesibles previos ao rexistro. A Universidade de Vigo desenvolve un programa de información para os posibles futuros estudantes. Esta información é de carácter xeral dos procesos de acceso.
Na páxina web da Universidade de Vigo (www.uvigo.es), e na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG CiUG | CiUG) están expostos de xeito público e accesible información diferente relacionada coas titulacións impartidas. Toda a información é pública e dispoñible antes do inicio dos diferentes períodos de matrícula.
Procedementos de recepción e orientación. www.uvigo.es.
ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA DE MEIXOEIRO www.uvigo.es/guiasdetitulacion
ALUMNADO DE PRIMEIRO CURSO
Recepción inicial e recursos dispoñibles para o acceso á información por parte do
dirección, titores e equipo docente.
ALUMNADO QUE REALIZARÁN PRÁCTICAS CLÍNICAS
Recepción do alumnado pola Institución e os titores correspondentes:
presentación da Guía de práctica clínica
Adaptación ao grao
Grao Enfermería
Créditos ECTS: 240
Cursos: 4
Prazas: 50
Nota de acceso: 11.32 (ORD)(1)
Prezo: 835.80(2)
Inscrición DEC 12
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso para o curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas