Inicio » Proxecto educativo

Misión

A Escola Universitaria de Enfermería da Área Sanitaria de Vigo conta entre os seus fins primordiais, impartir ensinanzas de calidade encamiñadas á obtención do título oficial de graduada/o en enfermería que acredita para prestar coidados xerais de enfermería. Esta misión divídese en dúas grandes liñas:
1.- Formar profesionais competentes para o coidado no ámbito da enfermería, baseados no respecto aos valores profesionais, aos principios ético-legais e ás evidencias científicas, preparados para o traballo en equipos interdisciplinarios e para ofertar coidados xerais en
contornos cambiantes polo que, as persoas graduadas deberán de ser capaces de adaptarseaos cambios producidos na asistencia sanitaria, dada a evolución con tinua da saúde e as novas prioridades no campo da misa.

Visión

A Escola Universitaria de Enfermería da Área Sanitaria de Vigo aspira a converterse nunha Escola aberta, integrada totalmente na Universidade de Vigo e recoñecida a nivel social e profesional. Unha organización intendente que aprende e busca constantemente a oportunidade de mellorar.
Unha Escola onde tanto profesionais (docentes e de administración e servizos) como o alumnado atopen satisfacción na súa tarefa, nun ambiente de respecto no que se fomente a cooperación interdisciplinar.

Valores

Os principios que orientan as actuacións da Escola parten da súa definición como Centro Docente Universitario dirixido á formación de profesionais da saúde na disciplina da Enfermería co foco de atención centrado na persoa, cuxos coidados se levaran a cabo, de
forma segura e eficaz. As persoas graduadas en enfermería requiren unha conciencia profesional que recoñeza a súa autonomía e responsabilidade en todos os aspectos da súa práctica profesional.

Ligazón