Inicio » Traballo Fin de Grao

O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, establece que os ensinos de grao concluirán coa elaboración e defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG), que deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

Coa finalidade de unificar os criterios e procedementos que garantan unha actuación homoxénea na planificación e avaliación dos Traballos Fin de Grao, o presente documento responde o requisito recolleito no artigo 2.5 da normativa reguladora dos TFG da Universidade de Vigo de establecer a normativa interna de cada centro, a fin de regular as pautas que han de rexer a elaboración, presentación, defensa, avaliación e tramitación administrativa dos Traballos Fin de Grao da Escola de Enfermería Meixoeiro

Mais información no seguinte documento