Atención, estudantado de 1.° de grao!
Se es estudante de primeiro ano na Universidade de Vigo e de novo ingreso, esta semana atoparás unha proba de nivel de inglés na plataforma MooVi.
Terás 15 días para realizala, contados a partir do día en que a proba che apareza entre as túas materias.
Lembra que acreditar oficialmente o teu nivel de inglés é importante se estás interesado/a en facer unha estadía Erasmus ou para o teu CV. Non o deixes para o último momento.
A vicerreitoría de Internacionalización promoverá ao longo do curso académico actividades exclusivas de promoción da internacionalización, e só poderán participar quen realizase esta proba de nivel de inglés. Non perdas esta oportunidade!
