

Nas dous semanas que levamos de tour por distintas facultades da UVIGO xa pasaron polos XOGOS DO EMPREGO case 1000 estudantes … e algúns mesmo se achegaron a repetir a experiencia!!!
Aínda que estas actividades están pensadas para o alumnado, se aínda non os coñeces animámoste a que o fagas e que informes ao profesorado do teu centro desta actividade para que, xunto co seu alumnado, poña a proba as súas habilidades e pase tamén uns minutos divertidos!
Anima aos estudantes do teu centro a que nos busque nalgunha das facultades onde estaremos a vindeira semana (ver calendario abaixo), a que participe nas probas para gañar consciencia de cales son as súas competencias profesionais e aprender que podemos facer por eles/as para que, cando acabe o curso, teñan mais claro cara a onde enfocar a súa profesión.
Só por participar entrarán no sorteo dun salto en parapente, compartilo coa persoa que queiran e gravar un vídeo coa experiencia para que nunca se esquezan da importancia de vencer os medos.
Adxuntamos carteleira para facilitar a difusión.
ANOTADE AS DATAS NA AXENDA!!! Dende as 10:30 ata as 13:30
CAMPUS VIGO:
- 30 de setembro. Facultade Filoloxía e Tradución
- 1 de outubro. CC Xurídicas e do traballo
- 2 de outubro. Escola de Enxeñaría Industrial
- 3 de outubro. Facultade CC Económicas e Empresariais