
Segundo un obradoiro de sensibilización e creatividade dirixido especificamente ás mulleres da comunidade universitaria. Terá lugar os mércores 16 e 23 de outubro, de 12h a 14h, na sala 1 do Edificio Miralles (Campus Vigo Tecnolóxico). Pretende ser un espazo de cohesión con outros axentes, onde afondar dende unha perspectiva práctica na relación entre xénero e coidados, e crear colaborativamente parte dos contidos do xornal. Non se precisan coñecementos previos.
A inscrición faise no formulario i.gal/homesdecoidado, e estará aberta até o 15 de outubro.
*»Homes de coidado» é un proxecto que nace como resposta aos obxectivos nesta liña III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da Universidade de Vigo (2020-2024) e conta co financiamento do Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade en colaboración coa Xunta de Galicia.