Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo 10 e 12 de novembro de 2026 Reiniciando o sistema: un espazo para pensar críticamente sobre o mundo dixital |
| O 10 e 12 de novembro a Universidade de Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza as conversas Reiniciando o sistema: Conversas feministas sobre tecnoloxía e convivencia dixital. A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsa esta nova proposta de encontro e reflexión colectiva arredor dos desafíos da transformación dixital. A iniciativa adopta a forma dun conversatorio aberto á comunidade universitaria e á cidadanía, concebido como un tempo para analizar de maneira crítica como as tecnoloxías inciden nas nosas relacións sociais, a participación pública, a produción de coñecemento e as desigualdades de xénero.Nun contexto marcado pola expansión da intelixencia artificial, a crecente presenza das plataformas dixitais nas nosas vidas e a aparición de novas formas de exclusión e violencia nos contornos en liña, resulta imprescindible crear oportunidades de diálogo que permitan comprender estes procesos desde unha perspectiva feminista. O obxectivo é promover unha reflexión colectiva sobre as relacións entre tecnoloxía, poder e igualdade, e contribuír á construción dunha cultura dixital máis igualitaria e comprometida cos dereitos de todas as persoas.. |
| PROGRAMA —————————- 10 de novembro | 19:00 h Conversatorio Margarita Padilla “É posible unha relación feminista coa intelixencia artificial?” —————————- 12 de novembro | 19:00 h Conversatorio Eurídice Cabañes “Sementar futuros” |
| Asistencia presencial Gradas. Edificio Redeiras da UVigo. Rúa da Ribeira do Berbés, 11 – Vigo https://maps.app.goo.gl/Zz5imGS6r6gf8Wij7Asistencia virtual Se queres participar virtualmente, podes seguir as conversas en directo na seguinte ligazón: https://tv.uvigo.es/directo2 |
| Unidade de Igualdade Universidade de VigoTfno.: 986 813 419 igualdade@uvigo.galwww.catedrafeminismos.gal |


