Doazón de sangue


Dna. Victoria Lojo Vicente

Directora

Escola de Enfermaría

Meixoeiro – Vigo

SAÚDA

a noso alumnado

e informa do inicio da campaña de doazón de sangue que desenvolverá a Consellería da Sanidade nas universidades galegas no curso 2023/2024.

A unidade móbil de doazón de sangue acudirá ao noso centro o mércores, 28 de febreiro e atenderá ás persoas que desexen participar na unidade móbil que estacionará ao carón do aparcadoiro do autobús (FACULTADE DE ECONÓMICAS) en horario de 09:30 a 14:30 e 15:30 a 21:00 horas.

Solicito a máxima colaboración con esta campaña solidaria. Este curso, como os anteriores, interésanos promover a participación do colectivo universitario, que tan importante é para a renovación e mantemento da doazón de sangue en Galicia.

Para mellorar a participación, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achegará as unidades móbiles aos centros universitarios e prego a máxima implicación na difusión da información sobre este xesto altruísta.

O día anterior á campaña de doazón acudirá persoal da Axencia a impartir breves charlas informativas en todos os cursos, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado e clarexar dúbidas.

Quero tamén facer un chamamento á participación activa do profesorado e persoal de administración e servizos neste acto solidario, necesario para que moitas persoas recuperen a súa saúde.

Atentamente,

Saludos.

EUE Meixoeiro