Conferencia de Ferran Adrià


A Cátedra Telefónica-UVigo está a organizar unha conferencia de Ferran Adrià na Universidade de Vigo.

Envíase un documento coa programación completa do evento, onde se atopa unha ligazón á “inscrición”.

O lugar de celebración será o salón de actos da Facultade de Económicas e Empresariais do Campus de Vigo o día 22 de abril de 2024.

Dentro do evento, Ferran Adrià presentará a proposta dun proxecto innovador para o estudantado; no documento “Challenge” atópase a información sobre a proposta.

Evidentemente, esta proposta é motivadora para o noso estudantado e pode ser un reto interesante para a súa formación.

Por isto, agradeceríache que lle fagas chegar esta información a todo o persoal do teu Centro e en especial ao alumnado para que participen no evento.

Máis información do evento na páxina web da cátedra Telefónica-Uvigo    https://catedraietelefonica.webs.uvigo.es/