Está aberta a convocatoria de bolsas de formación nas áreas e unidades da Universidade de Vigo para o curso 2024/2025, entre as que está a posibilidade de colaborar coa Unidade de Igualdade.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xullo.
As bolsas son remuneradas e teñen unha duración 15 h semanais, desde o 16 de outubro ata o 30 de novembro.
As bases poden consultarse na Secretaría Online.
Esta iniciativa ofrece unha posibilidade formativa para estudantes de grao e de mestrado que teñan interese en seguir formándose nun ámbito profesional vinculado á universidade sobre xénero e igualdade. Agardamos que esta información vos resulte de interese